Monday 29 de April de 2024

A aula CEMIT pon en marcha novos cursos durante abril e maio


O concelleiro Francisco Suárez-Puerta presentou hoxe xunto ao concelleiro Fernando Abraldes os cursos que terán lugar na Aula CEMIT os vindeiros meses de abril e maio.
Estes cursos están dirixidos a aquelas persoas que precisen “facer xestións coas administracións de xeito telemático e máis fluído, e mellorar o seu uso dos teléfonos móbiles e ordenadores” segundo explicou o concelleiro de Novas Tecnoloxías.
O primeiro curso, Sede electrónica – certificado dixital, celebrarase do 8 ao 11 de abril os luns, martes, mércores e xoves en horario de 9:30 a 11:00. O curso de Móbil Android básico, do 8 ao 11 de abril, realizarase os luns, martes, mércores e xoves de 11:30 a 13:00.
Ofimática con Libreoffice, celebrarase do 8 de abril ao 22 de maio, en horario de 16:30 a 18:00. “Este curso de nivel medio está destinado a persoas que xa teñen certo coñecemento no uso de Office” explicou Suárez-Puerta. Competencias básicas dixitais, será do 15 de abril ao 20 de maio, os luns e mércores de 9:30 a 11:00, e por último, un curso máis específico de Ferramentas de google, celebrarase do 15 de abril ao 29 de abril os luns e mércores de 11:30 a 13:00.
As inscricións poderanse facer a través do correo electrónico cemit.ribeira@xunta.gal ou ben no teléfono 981876043.